lunes, 29 de agosto de 2022

Bolsa de interinos Galicia: hoxe ábrese o prazo para a selección dunha única bolsa.

Aquelas persoas aspirantes que estean incluídas en bolsas de distintos corpos, ou no mesmo corpo pero en varias provincias, deberán seleccionar aquela única na cal desexen quedar. Cada persoa só poderá formar parte dunha única bolsa, corpo e  provincia, de acordó co previsto no artigo 12 da Orde do 4 de outubro de 2018.


O prazo para elixir bolsa (10 días hábiles) habilitase dende hoxe 29 de agosto ata o 9 de setembro.

 

As listaxes poderán consultarse tamén a través da OPAX https://opax.xunta.es, seguindo a ruta "Bolsa de interinos > Listaxes".

 

A elección deberá realizarse telematicamente, cubrindo necesariamente o formulario electrónico dispoñible na aplicación informática. Unha vez cuberto o formulario, deberase presentar de xeito electrónico a través da OPAX.

Se non o fixeran, entenderase que desisten de todas as súas solicitudes.

IMPORTANTE!!! Aínda que en principio a normativa solo obriga a elección de bolsa aos integrantes das bolsas de traballo e de reserva,  o criterio da Dirección Xeral de Xustiza  é que tamén deben elexir unha única bolsa as persoas admitidas e  baremadas e que  quedaron fora das bolsas de traballo e reserva.

As persoas que unicamente solicitasen formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia non terán que efectuar a dita elección. 

Rematado o prazo para formular a elección anterior, a Dirección Xeral de Xustiza aprobará as listas definitivas de persoas seleccionadas para cada corpo e provincia, ordenadas por puntuación, que se publicará no sitio Web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia,Xustiza e Turismo e na intranet de Xustiza.

As listas definitivas entrarán en vigor o día seguinte da súa publicación e sustituirán as vixentes. O persoal que no momento da entrada en vigor estea prestando servizos como persoal interino seguirá desempeñando o posto de traballo ata que proceda o seu cesamento.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras