viernes, 3 de junio de 2022

Substitucións: Novos avisos de desocupación

No día de hoxe saíu publicada nova Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.

PRIMEIRA. Destinatarios/as Persoal dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza con destino definitivo en órganos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia. 

SEGUNDA.- Postos de traballo ofertados Os relacionados no Anexo I, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular. 

TERCEIRA.- Solicitudes 

1. Mentres non se habilite a opción de solicitude a través da OPAX, as peticións deberán ser cubertas conforme ao anexo II bis (solicitude de substitución entre titulares), dispoñible na intranet de xustiza. 

2. As solicitudes deberán ser presentadas por correo electrónico, ao enderezo servicio.persoal.xustiza@xunta.gal, ou ao fax 981 546 222. Non se admitirán as solicitudes que se reciban por outro medio. A proba de entrega será o acuse de recibo do fax ou correo electrónico enviado. 
3. Non deberá achegarse documentación coa petición, xa que de ser precisa será requirida pola Dirección Xeral. 

4. O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles dende a publicación da presente resolución (6, 7 e 8 de xuño de 2022). 

CUARTA.- Recursos Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de reposición ante o director xeral de xustiza no prazo dun mes (arts. 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas) ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial competente no prazo de dous meses (art. 14 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).  

Ver as prazas que saen a substitución