lunes, 6 de junio de 2022

Subsanación das causas de exclusión nas listaxes provisionais das bolsa de interinos de Galicia.

O prazo para presentar alegacións comprende do día 06/06/2022 ao 17/06/2022. As alegacións deberán presentarse de xeito electrónico a través do formulario disponible na aplicación informática.

Despois das alegacións pertinentes  e esta listaxe provisional sacaran unha nova listaxe chamada resultante por orde de puntiación e abrirán un prazo para poder escoller solo unha bolsa, se presentamos instacia para máis dunha provincia ou/e máis dun corpo.

Os motivos de exclusión referidos pola DXX, e a súa posible subsanación, son os seguintes:

 1.- Nacionalidade e/ou idade: presentación dentro das alegacions de copia compulsada do DNI ou pasaporte da persoa excluida.

 2.- Non acredita estar inscrito no SEPE, estar traballando ou en bolsas de interinos da Admón de Xustiza: presentación de certificación do SEPE onde se verifique que a persoa excluida estaba inscrita no SEPE no momento de presentación de instancias, ou presentación de certificado da Administracion competente de que se está a traballar ou se está noutras bolsas de interinos da  Administración de  Xustiza.

 3.- Solicitude non presentada a través de OPAX: presentación de resguardo ou xustificante emitido pola aplicación OPAX no momento de presentar a instancia.

 4.- Non acredita titulación necesaria: presentación do titulo requerido para o corpo no que se foi excluido. Enlace a equivalencias de titulaciones

 5.- Non acredita experiencia na utilización do procesador de tratamento informatizado de textos: presentación de diploma ou titulo no que se certifique o coñecemento de programas procesadores de textos.

 6.- Participante non presenta o documento acreditativo do artigo 5.1.b): presentación do documento acreditativo en que conste o grao de discapacidade (só no caso de que a discapacidade fose recoñecida por outra Administración distinta da propia da Comunidade Autónoma de Galicia).

7.- Participante non presenta o informe do artigo 5.1.b):  presentacion da certificación ou informe de compatibilidade para o desempeño das funcións do corpo de funcionarios sinalado na solicitude, expedido polo equipo de valoración e orientación correspondente ou órgano competente.

As persoas non admitidas e que non emenden o defecto que motivou a súa exclusión consideraranse desistidas da súa solicitude.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras