lunes, 27 de junio de 2022

Substitucións entre titulares: novos avisos de desocupación

Saíu publicada  a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.

Destinatarios/as
Persoal dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza con destino definitivo en órganos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Postos de traballo ofertados
Os relacionados no Anexo I, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.

Solicitudes
1. Mentres non se habilite a opción de solicitude a través da OPAX, as peticións deberán, as solicitudes deberán ser presentadas a traves da https://sede.xunta.gal/portada mediante a modelo solicitude xenérica co código PR004A
3. Non deberá achegarse documentación coa petición, xa que de ser precisa será requirida pola Dirección Xeral.
4. O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles (28, 29, 30 de xuño) dende a publicación da presente resolución.

Ver Resolución das substitucións e prazas que se ofertan


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras