Acabamos de remitir sendos escritos á DXX, ao CXPX, á Comisión Mixta do TSXG e ao Ministerio de Xustiza solicitando a creación do Xulgado do Penal número de 3 de Ourense baseándonos nas seguintes argumentacións:
1.- Os módulos de carga de traballo seguen aumentando nos Xulgados do Penal de Ourense:
No ano 2021 rexistráronse 1014 PA nos dous xulgados, seguindo cun número á alza que non deixa de medrar ainda contando con medidas de reforzo dende hai 10 anos que son insuficientes porque non se reflicten nos números das estadísticas pero a carga de traballo non deixa de aumentar, circunstancia esta medible que recolle a Orde JUS/1415/2018, de 28 de diciembre, pola que se publica o Acordo entre o CXPX e o Ministerio de Xustiza para a determinación do sistema de medición de carga de traballo dos órganos xudiciais. Pois ben, os Xulgados do Penal de Ourense non só seguen excedendo con creces os módulos establecidos para valorar a creación de novas unidades xudiciais, senon que completan estes parámetros (que non ríxidos por outra parte) coa complexidade dos asuntos que se tramitan nun Xulgado do Penal con extensión á toda a provincia e a ineficiencia das medidas de persoal de apoio adoptadas, entre outros parámetros, dado que estas medidas non logran conter o aumento imparable da carga.
2.- Plantilla de apoio e reforzo dos xulgados do Penal de Ourense:
Da plantilla total do servizo de apoio de Tramitación e Xestión existente en Ourense dende hai máis de 10 anos a metade están apoiando aos penais ininterrumpidamente (máis un reforzo que foi nomeado pola Subcomisión para temas de persoal da Comisión Mixta do TSXG do 27/05/2021"). A metade do persoal de tramitación e xestión de todo un Servizo Común de Apoio están destinados nos dous xulgados do penal de Ourense dende hai máis dunha década e aínda así segue a aumentar a carga de traballo ainda contando con persoal estable e experimentado na plantilla de ámbolos dous xulgados.
3. Estadísticas CXPX 2021 e primeiro trimestre 2022. Tempos medios de duración de resolución de procedementos nos Xulgados do Penal.
Os datos que se extraen das estatísticas do CXPX van da man das anteriores argumentacións. Os xulgados do penal aumentaron a pendencia e a conxestión con respecto ao mesmo período do 2021 (primeiro trimestre), ao igual que ocorre se comparamos o aumento da carga de traballo dende o 2020 ao 2021. Seguen á alza. Remataron o ano pasado con 1523 executorias pendientes, pese a resolver 2.143 o mesmo periodo.
Os tempos de media de resolución de procedementos dos Xulgados do Penal de Galicia dende o ano 2012 ata o ano 2021 do CXPX aumentaron en tódalas materias, en especial as relativas a Procedementos Abreviados de Violencia sobre a muller, aínda aumentando os reforzos nomeados cada ano.
4.- Último balance de criminalidade da provincia de Ourense emitido polo Ministerio de Interior.
Por último, aportamos o último balance de criminalidade publicado polo Ministerio de Interior do primeiro trimestre de 2022. Na provincia de Ourense aumentaron os delitos un 28,1% con respecto ao mesmo periodo do ano anterior e no municipio de Ourense, o aumento foi do 28,7%, superando á media nacional. .
En resumen, polo incremento imparable de carga de traballo destes xulgados, porque se leva reinvindicando a creación dun novo xulgado do penal en Ourense dende hai máis de 10 anos con motivos sempre xustificados pola carga de traballo soportada, porque as medidas de dotación de plantilla (reforzos e apoios) non son suficientes para frenar o inminente colapso dos xulgados do penal e dos propios traballadores aínda cunha plantilla estable e experimentada, porque seguen aumentando cada ano os tempos medios de duración dos procedementos xudiciais nos xulgados do Penal e porque a litixiosidade penal vai en aumento nesta provincia, é imprescindible a creación dun novo órgano xudicial penal en Ourense, por iso remitimos escritos a todos os axentes implicados na creación de novas unidades xudiciais solicitando que se estudie e valore a creación inminente do Xulgado do Penal nº 3 para a provincia de Ourense.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras