viernes, 17 de junio de 2022

Resolución pola que se regulan as substitucións entre o persoal funcionario no ámbito da Administración de Xustiza en Galicia

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regulan as substitucións entre persoal funcionario no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta resolución ten por obxecto regular a provisión de forma temporal, mediante substitucións, dos postos de traballo reservados ao persoal funcionario integrante dos corpos ou escalas xerais ao servizo de Administración de xustiza –corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial– que presten os seus servizos na Administración de xustiza en Galicia cando estes postos se atopen vacantes tras seren ofertados en comisión de servizos, ou cuxo titular estea ausente en períodos de longa duración. Así, cubriranse baixo esta forma de provisión, entre outras, prazas cuxo titular estea ausente por estar en comisión de servizos e prazas que, ofertadas en comisión de servizos, non se cubrisen.

Para estes efectos enténdese por longa duración un período de 61 días naturais ou máis.

 Distínguense as seguintes clases de substitucións:

a) Substitucións verticais: persoal funcionario nomeado substituto no corpo inmediatamente superior.

b) Substitucións horizontais: persoal funcionario nomeado substituto no mesmo corpo.

 As substitucións verticais serán preferentes; na súa falla, poderán concederse substitucións horizontais.

 O persoal funcionario en substitución conservará o seu posto de orixe.

 O posto que deixe desocupado o/a funcionario/a substituto/a non poderá ser cuberto mediante outra substitución; en todo caso procederá a súa cobertura mediante o nomeamento de persoal funcionario interino

Poderá solicitar as substitucións, con exención de funcións nos seus postos, o persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas xerais ao servizo da Administración de xustiza con destino en órganos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que estea en situación de activo en xulgados, tribunais, fiscalías ou outros órganos da Administración de xustiza.

 O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

O prazo de presentación de solicitudes será de tres (3) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación do aviso na intranet de Xustiza e na web da consellería. Quen estea interesado/a na substitución dirixirá á Dirección Xeral de Xustiza a súa solicitude, sexa da mesma unidade ou non.

Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras