SUSTITUCIÓNS. Hoxe tivemos a reunión da Mesa Sectorial de Galicia pata tratar a modificación da Orde de Substitucións, xa vos informamos fai uns días da proposta da Dirección Xeral que ía en liña co manifestado por este sindicato noutras reunións, e salvo uns flecos que poden mellorarse, o gordo da reforma quedará como está no borrador que xa publicamos e vos remitimos. En cuestión duns días se publicará e entrará en vigor.
TRAXECTORIA PROFESIONAL. Manifesta o Director Xeral, a preguntas deste sindicato, que non hai ningún problema co Traxectoria Profesional, solo un retraso debido ao anunciado cambio de Presidente e de Conselleiros da Xunta de Galicia, así como outros cambios nos cargos intermedios da Conselleria de Xustiza é de Función Pública. Que en breve se abrirá o prazo para solicitala.
PRAZAS DE NOVA CREACIÓN. Xa están aprobadas polo Ministerio a prazas novas nos xulgados e saliran a Comisión de Servizo, as das Fiscalias e as dos Imelgas están en trámite, pois a o ter que modificar as RPTs leva mais traballo e interveñen máis organismos, aínda así cre que estarán aprobadas nunhas semanas e poderían sair no próximo concurso.
LEXNET. Respecto do problema de que os datos personais dos funcionarios salgan nas notificacións enviadas por Lexnet, dinnos que foi a raíz da súa ultima actualización, e que entre hoxe e o luns se arraxará o problema polo Ministerio que é quen xestiona Lexnet e xa coñece a cuestión.
PRAZAS AFECTADAS POLO LEY 20/21. Nun primeiro momento dixeron que non había ningunha en Galicia, e agora din que encontraron varias, que podían ser dúas ou algunha máis.
BOLSAS DE INTERINOS. Durante este mes rematarán coas baremacións, e a finais de maio ou a principios de xuño se publicarán as listaxes provisionais.
REXISTRO CIVIL. Vai empezar o despliegue de DICIREG nos rexistros exclusivos de A Coruña e Vigo, que están a falar cunha empresa para formar aos funcionarios, que o despliegue neses rexistros leva aparellado o despliegue nos Xulgados de Paz de eses mesmos partidos xudiciais. Despois se irá desplegando no resto de Rexistros, ata que a mediados do ano que ven estea implantado definitivamente en todos, principais e delegados.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras