PRIMEIRA. Destinatarios/as
Persoal dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza con destino definitivo en
órganos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.
SEGUNDA.- Postos de traballo ofertados
Os relacionados no Anexo I, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.
TERCEIRA.- Solicitudes
1. Mentres non se habilite a opción de solicitude a través da OPAX, as peticións deberán ser
cubertas conforme ao anexo II bis (solicitude de substitución entre titulares), dispoñible na
intranet de xustiza.
2. As solicitudes deberán ser presentadas por correo electrónico, ao enderezo
servicio.persoal.xustiza@xunta.gal, ou ao fax 981 546 222. Non se admitirán as solicitudes
que se reciban por outro medio. A proba de entrega será o acuse de recibo do fax ou correo
electrónico enviado.
3. Non deberá achegarse documentación coa petición, xa que de ser precisa será requirida
pola Dirección Xeral.
4. O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles dende a publicación da
presente resolución (27, 28 e 29 de abril de 2022).
CUARTA.- Recursos
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso
de reposición ante o director xeral de xustiza no prazo dun mes (arts. 123 e 124 da Lei
39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións
públicas) ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial competente no
prazo de dous meses (art. 14 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición
contencioso-administrativa).
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras