jueves, 28 de abril de 2022

STAJ pide que se solucione o mal funcionamento do CAU de Xustiza.

STAJ remitiu onte escrito de queixa pola deficiente funcionamento do CAU de Xustiza á Dirección e a Xerencia de Amtega, organismo do que depende, e solicitamos que se aumente o persoal dese servizo para que se poida atender con rapidez as incidencias que se poducen a miudo nos distintos programas informáticos e medios técnicos que utilizamos na Administración de Xustiza.

"Este sindicato, desde hai meses, esta a recibir innumerables queixas de funcionarios, letrados da administración de xustiza, fiscais e xuíces polo deficiente funcionamento do CAU DE XUSTIZA, debido ao escaso persoal tecnico que existe no mesmo. Queixas das que nos facemos eco e que queremos facer chegar aos responsables do servizo para que articulen unha solución de inmediato.

 A tardanza en coller o teléfono para que se poida comunicar unha incidencia, é inadmisible, nun servizo que debe atender de forma rápida e solucionar as incidencias áxilmente. Na maioría das veces cando se recorre ao CAU sempre é por problemas que requiren unha solución inmediata ou o máis rápida posible e, con todo, a solución case nunca chega desta maneira.

Podemos relatar innumerables incidencias sobre o funcionamento anormal e a tardanza en recibir e xestionar unha incidencia concreta do CAU, tardanza que repercuten negativamente no traballo ordinario das distintas oficinas xudiciais e dos operadores xurídicos que se relacionan coa Administración de Xustiza.

Desde hai anos aumentáronse o número de aplicacións telemáticas coas que desenvolven o seu traballo os órganos xudiciais e tamén aumentaron as funcionalidades por medios informáticos e técnicos, polo que os problemas derivados do uso destes medios multiplicáronse, xerando un aumento enorme nas incidencias e no quefacer diario dos traballadores do CAU, que se atopan desbordados, atrasándose en demasía a comunicación, a reposta e a solución deproblemas leves e graves que paralizan a miudo seccións e xulgados enteiros durante horas, provocando, cada vez máis a miudo,  a paralización durante horas e o adiamento de xuizos e outros actos xudiciais, xerándose un prexuízo enorme ao servizo público, aos cidadáns e aos operadores xurídicos.

Desde STAJ pedimos que con urxencia se amplie o persoal do CAU nun número suficientes de persoas para que as comunicacións de incidencias se poidan atender rapidamente e a resposta e a solución das mesmas se faga con eficacia e sobre todo coa inmediatez necesaria e poder deixar así de escoitar unha e outra vez: “ Está vostede a falar co soporte informático de xustiza, un momento por favor. Neste momento todos os técnicos están ocupados. Permaneza a espera por favor”.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras