miércoles, 20 de abril de 2022

Publicado no BOE o Real Decreto que elimina a obrigatoriedade do uso das mascarillas

No BOE de hoxe, 20 de abril, publícase o Real Decreto que modifica o uso das mascarillas durante a situación de crise sanitaria por mor da COVID-19.


Ainda que con carácter xeral, agás algunhas excepcións, elimínase a obrigatoriedade do uso das mascarillas en interiores, as empresas deben decidir si se manteñen o seu uso nos centros de traballo e en que condicións. 

Algúns territorios, como por exemplo Andalucía,  sí emitiron unha circular na que se informa de que mentres non se adopte a decisión oportuna polo Comité sectorial de Seguridade e Saúde, segue en vigor o uso de mascarillas  nos órganos xudiciais e fiscais. 

En Galicia de momento nin a Xunta de Galicia nin a Dirección Xeral de Xustiza emitiron circular algunha sobre este aspecto. Mañá pola mañá reunímonos o Comité de Seguridade e Saúde Laboral e xa vos contaremos o que se extraia da reunión. Seguiremos informando pronto haxa novidades ao respecto.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras