A actividade diaria do Imelga é sobradamente coñecida dado que na páxina Web de Xustiza figuran as "MEMORIAS DAS ACTIVIDADES DO INSTITUTO DE MEDICINA LEGAL DE GALICIA-IMELGA"
A
todo o anterior súmaselle a entrada en
vigor da Lei 8/2021 do 2 de xuño pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con
discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica, a cal esixe que
todas as medidas adoptadas xudicialmente
sexan revisadas periodicamente nun prazo
máximo de tres anos , podendo ser
revisadas en calquera momento ante calquera cambio na situación da persoa
afectada, por suposto cun informe médico
forense.
O principal problema que expoñen estas
revisións é o da falta de recursos da Administración de Xustiza para facer
fronte as mesmas, coa consecuente saturación non
só dos órganos xudiciais se non do IMELGA .
Por non dispoñer, carecen ata de acceso ó VISOR EXE, o cal resulta fundamental á hora de practicar unha pericia e así evitar chamadas reiteradas ou oficios para que se complete a documentación achegada. Non debemos esquecernos que os funcionarios da administración de xustiza , de forma habitual , teñen acceso Punto Neutro Xudicial e á información obrante nas contas xudiciais; información na maioría dos casos mais sensible que un simple parte de lesións expedido por un centro médico de urxencias.
As distintas Subdireccións do Imelga carecen do persoal necesario e imprescindible para realizar as funcións básicas de rexistro de asuntos, véndose obrigado a que estas a realicen funcionarios xudiciais de órganos míxtos dos partidos xudiciais correspondentes. Labor non desexada e descoñecida en moitos casos onde a falta de formación á hora de rexistrar conleva múltiples desaxustes e información errónea , cando se ten que elaborar a memoria anual.
Por todo iso desde STAJ, solicitados que se permita con carácter inmediato o acceso ao VISOR EXE desde todas as subirecciones do Imelga. Parécenos inconcebible que podendo consultar o IANUS ( onde figura toda a información clínica dun cidadán, independentemente do hospital e/ou centro de saúde de Galicia no que se rexistrase) non se poida consultar o VISOR EXE alegando que a información dos procedementos xudiciais é sensible. Non nos esquezamos que se accedería debidamente identificado, exactamente igual que ó Punto Neutro Xudicial e por tanto coas mesmas consecuencias si fose o caso de consultar información indebida.
Que
se amplíe o número de funcionarios
precisos para atender ás necesidades diarias, tendo en cuenta o aumento de traballo do devandito
organismo para que polos seus propios medios poidan realizar todas e cada unha
das funcións que teñen encomendadas. Que o rexistro de asuntos póidase realizar
na propia subdirección seguindo un criterio unificado e non como a día de hoxe
que cada órgano segue o seu propio realizando un traballo que en definitiva
cremos que non lle corresponde.