lunes, 17 de enero de 2022

Vacacións e asuntos propios de 2021: mantense o seu disfrute ata o 31 de xaneiro de 2022

A Dirección Xeral de Xustiza acaba de informarnos de que non houbo ningún cambio no prazo para disfrutar as vacacións e os días de asuntos propios (lembrade que estaba convocada unha reunión entre o Ministerio de Xustiza e as Comunidades Autónomas o pasado venres, 14 de xaneiro). Polo tanto, mantense a data do 31 de xaneiro do 2022 como data límite para o seu disfrute en Galicia, exceptuando os casos particulares de illamento por COVID ou por casos excepcionais de necesidades do servizo.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras