Desde STAJ reiteramos a petición de nomeamento
dunha persoa de reforzo para o Rexistro Civil de Ponteareas e por extensión
para o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución 2 da devandita localidade.
Xa
manifestamos no seu momento que excede a carga de traballo prevista pola Orde
JUS/145/2018. Ademais Ponteareas conta con 220 entidades de poboación
repartidas en 24 parrroquias e 22.942 habitantes nunha zona eminentemente
rural.
É mais que coñecida a crecente demanda de fes
de vida como consecuencia do Bono Social, os matrimonios que non se puideron
celebrar no ano 2020 ( consecuencia da pandemia) , a concesión masiva de
nacionalidades ( no mes de novembro pasado 16) etc . A media de certificacións
semanais ascende a 60 , os expedientes a día 20/11/2021 suman 331, exhortos 367
e os expedientes leves 102. Datos que se poden corroborar coa información
obrante no devandito órgano.
Aínda
que é certo que se implantou a cita previa, resulta totalmente ineficiente.
Desde as nove da mañá ata as dúas e media a xente acumúlase para ser atendida
presencialmente alegando descoñecemento ou falta de medios técnicos para
acceder a internet. Se alguén acode con cita previa é porque con anterioridade
se lle xerou a mesma desde o propio teléfono do xulgado pola funcionaria encargada
do Rexistro.
A
actividade diaria aseméllase mais a un
Xulgado de Garda que a unha oficina civil coa consecuente falta de tempo para
tramitar os expedientes ao dispoñer dunha soa funcionaria e agravándose aínda mais a situación cando
goza das súas vacacións pois a inhabilidad do mes de agosto non existe para os
trámites relacionados co RC.
A Lei 6/2021 conleva cambios de orde
estrutural, normativo e tecnolóxico co consecuente aumento de traballo dado que
os Xulgados de Paz unicamente encargaranse de fes de vida e certificados.
Por todo o anterior desde STAJ, REITERAMOS,
que se nomee unha persoa de reforzo e así poder atender mellor as necesidades
do Rexistro Civil de Ponteareas ao entender que o déficit de persoal é de
carácter estrutural motivo polo cal entendemos debería crearse dita praza para
evitar atrasos indebidos na marcha diaria do RC e nos expedientes.