O pasado 13 de agosto publicábase no DOG a resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocaban, con carácter gratuito, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.
A apertura do prazo de presentación dos curso que se realizarán nas escolas de idiomas comenza hoxe día 4 e remata o próximo día 14 de xaneiro.
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega.