miércoles, 15 de diciembre de 2021

Vacinación menores de 12 anos

Desde hoxe e ata o sábado, darase inicio á campaña de vacinación aos menores de 9, 10 e 11 anos. As citas recibiranse por sms, podendo ser consultadas na app sergas móbil. Aqueles menores que recentemente pasaron o covid 19, non serán citados, xa que é preciso que se deixe pasar catro semanas para proceder á inmunización.

A vacinación farase nos puntos de vacinación masiva, con excepción dos nenos inmunodeprimidos, que serán citados nos hospitais. A dose será un terzo do que se administra aos adultos, deixando un período de oito semanas entre a primeira e a segunda.

Os menores terán que ir acompañados e levar asinado por: nai, pai ou titor, un consentimento informado que se poderá descargar nunha ligazón que se envía coa cita.

 Ver consentimiento

O horario de vacinación será pola tarde, para non entorpecer o horario escolar. Excepto o sábado 18, que se vacinará durante todo o día.

 Por último, preténdese, que poidan ser citados os menores de 5 a 8 anos, nas próximas semanas. 


Deixamos uns teléfonos de consulta:
  1. xeral: 881 54 00 45
  2. vacinación: 981215930
Noticia en La Voz de Galicia

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras