STAJ presentou escrito na Dirección Xeral de Xustiza solicitando a creación dunha praza no Xulgado de Primeira Instancia nº 4 e outra praza no Xulgado de Primeira Instancia nº 6 de Ourense, (do corpo de tramitación ou de xestión), que contan con persoal de apoio dende hai máis de nove anos.
Despois da folga do ano 2018, a Dirección Xeral de Xustiza recoñeceu que calquera praza de reforzo que teña unha permanencia superior a tres anos, convírtese nunha necesidade estructural para o órgano xudicial ao que está reforzando e polo tanto, esas prazas deben consolidarse como prazas de nova creación para a súa cobertura ordinaria por persoal titular (comisión de servizos – concurso de traslados).
Como é lóxico, cando un órgano xudicial necesita un apoio por máis de tres anos, a consecuencia é a mesma: esa praza é necesario creala porque a necesidade dese órgano é estructural. A necesidade de persoal nestes xulgados é indiscutible, e chegados ao punto no que nos encontramos, (con apoios de máis de 9 anos na mesma praza!) a creación da praza no órgano ao que están apoiando é algo que está fóra de debate porque son órganos colapsados.
O uso temporal abusivo de servizos de apoio de esencia dinámica por máis de tres anos colapsa aos demáis órganos xudiciais que os precisan, e deixan nunha situación vulnerable aos xulgados que están apoiando porque precisan con urxencia o aumento de plantilla dese órgano.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras