miércoles, 15 de diciembre de 2021

Staj denuncia o abandono total do Xulgado de Paz de Culleredo

As instalacións do Xulgado de Paz de Culleredo, deixan moito que desexar, levan moitos anos sin lle tocar ao inmoble, sin mantemento e sin reforma  e a mais inri, o sistema de calefacción no funciona en todo o Xulgado, nin no máis mínimo dos detalles.

Con respecto aos medios materiais e tecnicos, as sillas e as mesas dos funcionarios e da Xuíz son vellas, estan destartaladas e non cumpren coa normativa de riscos.

Dende o ano pasado as compañeiras que traballan no Xulgado de Paz coa axuda de STAJ  puxeronse máns a obra para acabar con tanto desemparo e deixación por parte das Admnistracions competentes, e mandaron queixas, escritos e  pediron que se lle arranxen o local e se lles sumistre mobiliario novo e se arranxe o sistema de calefacción actual, conseguindo no seu dia estanterias para crear un arquivo a documentación obrante no xulgado, advertindo que presentarian a correspondente denuncia na Inspección de Traballo.

Ahora mesmo o problema mais grande e a inoperancia do sistema de calefacción nas secretarias e dependencias comuns, xunto coa ausencia dun aparato de purificacion de aire que lles foi prometido polo Concello fai un ano, e que cando se lle pregunta por el, a resposta e sempre a mesma: está pedido. Debido a esto as celebracions de matrimonios teñen que realizarse no hall do xulgado cas portas abertas debido a problemática COVID, quedando  todolos acompañantes fora do xulgado.

Dende STAJ exhortamos ao Concello de Culleredo e a Xunta de Galicia para que a maior brevidade posible arranxen este problema e se poñan dacordo en facelo, sexa responsabilidade dun ou doutro, e asimismo remitiremos o TSXG esta queixa para que no seu caso tome as medidas respectivas en relación das dotacions presupuestarias que se remiten ano a ano a este Concello.

Estaremos vixiantes para que se arranxen as cousas que faltan no local e se lle proporcione pola Xunta e o Concello aqueles medios e mobiliario que necesitan, se non acudiremos as instancias que faga falta para arranxar este problema que debería avergoñar a todos/as as autoridades implicadas.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras