Hoxe tivo lugar mediante
videoconferencia a reunión de Comisión
de Formación co Xefe do servizo de modernización da DXX (área formación), e
os sindicatos de Xustiza en Galicia, non acudindo ningún representante da Egap
nin outro responsable da DXX como é necesario e habitual.
Deixámosvos un resumo da
reunión mantida, sendo poucas as novidades respecto ao ano anterior.
Maniféstannos a gran
problemática á hora de dispoñer e seleccionar o profesorado e persoal docente, neste sentido imos remitir por parte deste sindicato que se realice unha
convocatoria máis ampla e obxectiva ao fin de non ter problemas neste aspecto.
-Grazas
ás reiteradas peticións formuladas por parte do STAJ, inclúense na oferta
formativa para o 2022 o curso Novo Modelo de Rexistro Civil dá Lei 20/11.
Aplicación práctica.
Reiteramos as alegacións
feitas polo STAJ:
-
Insistimos na implantación de Cursos específicos para o persoal que
destinado nos servizos comúns de notificacións e embargos (A
problemática de practica de dilixencias xudiciais en lugares pechados, lugares
da administración e en lugares privados de uso público, Límites de acceso para
a práctica de notificacións e no seu caso identificación de persoas en
domicilios e outros lugares suxeitos a autorización, Concepto de domicilio como
morada suxeito á protección constitucional).
-Solicitamos cursos de contido referido ao
réxime disciplinario e ao acoso laboral, sobre as reformas procesuais que se
vaian producindo en tódolos órdenes xurisdicionais, debendo, cando haxa
tempo, impartirse con carácter previo a súa entrada en vigor. Mantemento dos
cursos que se impartan de xeito telemático, que deben aumentar en número de
edicións e as prazas por edición.
- É necesaria
a formación presencial do persoal interino que non traballase en
Galicia, e do persoal titular que veñen nos concursos de traslado doutros
territorios que non utilizan Minerva, tamén no caso de cambio de
xurisdicción ou no cambio dun xulgado á Fiscalía ou viceversa. Por
iso, demandamos un titor/a presencial en cada un dos órganos nos
que haxa un compañeiro/a que cambiou de destino ou un novo interino/a, sendo
ese titor/a do propio xulgado, e tendo que ser remunerado como
xa se fixera noutras ocasións.
- Débense ofertar, ben a
través da EGAP, ben por medio doutros operadores cursos ON-LINE de
preparación dos temarios e dos exercicios dirixidos a superar as probas da
oposición para a promoción interna e a quenda libre de forma totalmente
gratuita.
- Os cursos de linguaxe xurídico e
linguaxe administrativo galego deben ofertarse tanto a
funcionarios destinados na comunidade autónoma como aos funcionarios destinados
fóra dela, debendo ampliarse o número de edicións, e o número de prazas nos
mesmos.
-Curso práctico de
primeiros auxilios (Uso de desfibriladores, Simulacros contra incendios).
-Ampliación da oferta formativa de medicina forense.
-Pedimos de novo que se deben ofertar CURSOS DE IDIOMAS, (inglés, francés, portugués, alemán e lingua de signos), pero específicos para Xustiza, dado que o número de prazas e edicións ofertadas para toda a Administración pública de Galicia é do todo insuficiente.