Desde STAJ SOLICITAMOS á DXX que proceda a unha regulación das condicións de prolongación horaria tendo en conta as especificidades dos xulgados en materia de violencia sobre a muller. Que prime fundamentalmente a atención das necesidades que xorden día a día mais alá do cumprimento dunha suposta regulación que foi pensada para outro tipo de xulgados. Solicitamos que se abra unha mesa de negociación para abordar a problemática exposta e as necesidades específicas destes xulgados.
A Sala de Goberno do TSXG propuxo que se reforce o persoal que presta servizos nos órganos con competencia en materia de violencia sobre a muller. A Sala de Goberno solicita á Xunta que aumente o persoal e que se establezan “de forma permanente” prolongacións de xornada dun número suficiente de funcionarios para que realicen labores de apoio directo ao maxistrado/a e para a atención de asuntos urxentes , lembra que estes xulgados nos días laborables atópanse “nun permanente servizo de garda”, o que provoca case a diario que “a xornada laboral do persoal que traballa neles esténdese fóra do horario ordinario”
En canto á recomendación de que se aumenten o persoal cremos que é perfectamente entendible e sobre a forma de realizalo non se albiscan disputas.
Maiores dúbidas ofrece a recomendación de “que se establezan de forma permanente prolongacións de xornada para a atención de asuntos urxentes fora do horario de audiencia”.
A día de hoxe nin tan sequera contamos cunha regulación por escrito das prolongacións horarias, seguimos coas interpretacións baseadas no costume e resolvendo algunhas cuestións coa expresión de “sempre se fixo así”.
As necesidades de atención diaria nun órgano de violencia sobre a muller son distintas ao resto de órganos xudiciais así como o son noutros como nos rexistros civís e nos xulgados de instrución.
Por tanto non debemos aplicar a mesma regulación (inexistente) a xulgados de violencia sobre a muller que aos demais. Sin embargo é o que se fai, descoñecendo ou esquecéndo que mentres os outros xulgados teñen unhas necesidades baseadas fundamentalmente na acumulación de tarefas pendentes, nestes últimos as necesidades xorden día a día, os asuntos son urxentes e necesariamente téñense que resolver fóra de horario.
Cas prolongacións de xornada nos xulgados de violencia sobre a muller, non se trata de retribuír o exceso de xornada a fin de poñer ao día tarefas ou asuntos pendentes, que tamén, senón que se pretende retribuír o exceso de horas que os funcionarios teñen que cumprir a fin de atender as necesidades diarias que pola súa propia natureza teñen, tales como detidos diarios, declaracións a vítimas ou testemuñas, etc., e que nun xulgado de instrución realízase co sistema de gardas semanais, mentres que nos de violencia sobre a muller téntase resolver coas prolongacións de xornada.
Xustificante escrito