jueves, 25 de noviembre de 2021

Reformas e melloras no Xulgado de Paz de Bueu.

As instalacións do Xulgado de Paz de Bueu, son tercermundistas, levan moitos anos sin lle tocar ao inmoble, sin mantemento e sin reforma  nin no máis mínimo dos detalles, estando totalmante abandonado no que respecta aos locais e no que respecta aos medios materiais e tecnicos.

Con respecto aos primeiro, caeu parte do falso teito e choveu dentro da sala de vistas, está a caer o alicatado dos baños, a pintura está  deconchada, chea de humidades e manchóns, os radiadores non funcionan, non hai ventilación natural, os rodapes de madeira están soltos e podres, as manillas das portas non van, os cableados estan polo chan sen nungunha protección, etc.

Con respecto aos medios materiais e tecnicos, as sillas e as mesas dos funcionarios e da Xuíz son vellas, estan destartaladas e non cumpren coa normativa de riscos, os ordenadores, a fotocopiadora, o fax, a impresora e os télefonos son da idade de pedra e algúns non funcionan o funcionan as veces, como exemplo a fotocopiadora ten un area de impresión moito mais pequena cas follas dos libros de rexistro polo non poden facer cetificacións literais completas pois o libro saese da area de impresión. Moitos libros de Rexistro estan soltos e deteriorados, sen tapas e nalgúns caso non se lee o que pon a inscripción.

Dende principios de ano as compañeiras e a Xuíz que traballan no Xulgado de Paz coa axuda de STAJ  puxeronse máns a obra para acabar con tanto desempara e deixación por parte das Admnisraciñons competentes, e mandaron queixas, escritos e  pediron que se lle arranxen os locais e se lles sumistre mobiliario novo e equipos tecnicos actualizados co que desenrolar adecuadamente o seu traballo, advertindo que presentarian a correspondente denuncia na Inspección de Traballo, sacando a problematica na prensa por vaias veces, co gallo poder traballar en condicións dignas e de seguridade. Grazas ao seu empeño conseguiron que a Xunta obligase ao dono do local, é alugado, a facer obras, ainda queda algunha pendente, e que o Concello se comprometese a proporcionar  os medios tecnicos e informaticos que lle fan falta.

Estaremos vixiantes para que se arranxen as cousas que faltan nos locais e se lle proporcione pola Xunta e o Concello aqueles medios e mbiliario que necesitan asi como o encadernado dos libros, se non acudiremos as instancias que faga falta para arranxar este problema que debería avergoñar a todos/as as autoridades implicadas.

Mentras tanto o noso recoñecemento polo esforzo, firmeza, constancia e resistencia destas dúas compañeiras na defensa dunhas condicións de traballo dignas e con medios dos tempos que vivimos, que ao estar ocupando as prazas de xeito provisional teñen máis mérito aínda. 



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras