O Réxime de
Clases Pasivas forma parte do Réxime Especial da Seguridade Social dos
Funcionarios do Estado (que está en extinción),
ningún funcionario de novo ingreso pódese vincular a el, ten data de
caducidade e como ben sabedes, dende o 1 de xaneiro de 2011, ditos funcionarios quedan integrados no Réxime
Xeral da Seguridade Social aos efectos exclusivos de pensións e ao resto de
continxencias (Incapacidade temporal, asistencia sanitaria, etc.) seguirán
protexidos polo Mutualismo
Administrativo xestionado por
MUFACE, MUXEXU ou ISFAS.
O Réxime de
Clases Pasivas garante pensións aos funcionarios civís da Administración do
Estado, de Xustiza, das Cortes Xerais, Defensor do Pobo, Forzas e Corpos
da Seguridade do Estado, persoal militar de carreira e como curiosidade tamén a
ex-presidentes, vicepresidentes e ex-ministros, fronte aos riscos de vellez,
incapacidade e morte ou supervivencia; mentres que MUXEXU dános a acción protectora, como
mencionamos anteriormente, entre outras, as prestacións sanitarias, subsidio
por incapacidade temporal, prestación por incapacidade permanente e gran
invalidez, ....
As pensións
e a súa reforma son un tema preocupante e de alto interese para os funcionari@s
e os xubilad@s. Calquera indicio de modificación xera incerteza aos afectad@s.
Dende STAJ queremos informarvos do estado
actual do Réxime de Clases Pasivas, por iso elaborouse un dossier amplo,
detallado e de grande interese e que podedes
visualizar na seguinte ligazón: