Hoxe STAJ remitiu escrito á Dirección Xeral de Xustiza e á Xefatura territorial de Xustiza de Ourense expoñendo os precarios medios de impresión e fotocopia na que se encontran diversas oficinas das vilas en Ourense e esixindo o cambio das mesmas. As máquinas quedaron obsoletas e só dan problemas. Como é posible que en algunhas oficinas só haxa máquinas que escanean en branco e negro? para dar traslado a un perito para unha valoración de bens, só se dispoña de escáner en branco e negro na oficina? ou unha inspección ocular escaneada en branco e negro?
Como consecuencia do traslado a este sindicato por parte do persoal destinado en varias oficinas de vilas de Ourense, en concreto O Barco de Valdeorras, Trives, Verín, Xinzo, O Carballiño do mal funcionamento das impresoras/fotocopiadoras coas que traballan na actualidade, esiximos á Dirección Xeral o cambio destas máquinas para mellorar o traballo diario deste persoal. Estas máquinas cumpriron a súa función, pero agora só están dando problemas cada día: atascos diarios dos rodillos, reparacións que duran só uns días, paralización das máquinas continuamente, limitadas en capacidade e rapidez, escanean en branco e negro e ralentizan o traballo diario. As chamadas ao CAU son constantes dende hai meses dando queixas do seu funcionamento e hai casos nos que o servizo técnico se tivo que desprazar ata catro veces no mesmo mes para facer reparacións no mesmo xulgado. Hai peticións de Letrados desatendidas dende hai un ano co problema sen resolver.
STAJ solicita a substitución e adquisición de máquinas que respondan ás realidades das oficinas destes xulgados con capacidade amplia de escaneo e copia, rápidas, en cor, con fiabilidade e capaces de dar resposta fluida ao traballo dos compañeiros.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras