miércoles, 8 de septiembre de 2021

SUBSTITUCIÓNS: NOVOS AVISOS DE DESOCUPACIÓNS


Publicados con data 08-09-2021 novos avisos de desocupación de postos que se ofertan  para a sua cobertura  mediante substitución entre titulares.

De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean es situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.

Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por períodos de longa duración.

O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles  (09, 10 e 13 de setembro do 2021).

Os/as interesados/as nas substitucións presentarán as súas  solicitudes conforme a Resolución da DXX novas substitucións dispoñible nos  modelos do correspondente apartado adicado ás substitucións entre titulares. No caso de que se solicite varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta de corresponderlle máis dunha das prazas, será a que recollida na solicitude




STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras