viernes, 24 de septiembre de 2021

STAJ solicita máquina de impresión, fotocopia e escaner para a oficina de penal do xulgado nº 2 de Monforte de Lemos

No día de onte STAJ remitiu escrito á xefatura territorial expoñendo os precarios medios  nos que se encontra a oficina de penal do Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 2 de Monforte de Lemos para realizar o escaneo de documentos. A oficina dispón de una máquina fotocopiadora (que só fai fotocopias), ademáis dispón de un fax que están a utilizar de escaner, xa que hoxe en día escanéase todo e non se dispón de máquina que faga as función de impresión, fotocopia e escaner.

Ao ter que utilizar o fax de escaner, atáscase moitas veces xa que non é una máquina adecuada para esa función, o que provoca una ralentización no traballo diario.

STAJ solicita que se dote a esa oficina de una máquina que faga as función de impresión, fotocopia e scaner que responda ás necesidades da oficina de penal deste xulgado con capacidade amplia de escaneo e copias rápidas, con fiabilidade e capaces de dar resposta fluida ao traballo dos compañeiros/as.

ver solicitude presentada
ver xustificante de presentación


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras