Dende
o xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Chantada lévase pedindo
persoal de reforzo pola Letrada da Administración de Xustiza de dito xulgado,
sen obter resposta, petición que é apoiada por este sindicato sabedor da
necesidade dunha persoa do corpo de tramitación procesual e administrativa, xa
que este órgano leva o Decanato, Rexistro Civil e a maiores o relacionado coa
prisión de Monterroso, e motivado pola carga de traballo que soporta, ademáis
de que o volumen de asuntos que entran neste xulgado vai en aumento, hai que
sumarlle a pendencia acumulada pola situación derivada da pandemia.
Por todo isto SOLICITAMOS que se dote a este xulgado con carácter urxente dun/una funcionario/a de reforzo do corpo de tramitación procesual e administrativa e que se consolide dito reforzo, xa que como dixemos anteriormente, e un órgano que conta con Decanato, Rexistro Civil e prisión, sendo insuficiente a plantilla da que se dispón actualmente.
ver xustificante reforzover solicitude reforzo