martes, 1 de junio de 2021

SUBSTITUCIÓNS: Novos Avisos de desocupación

Publicados novos avisos de desocupación de postos que se ofertan  para a sua cobertura  mediante substitución entre titulares con data 01/06/2021.

Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por periodos de longa duración.

Os/as interesados/as nas substitucións presentarán as súas  solicitudes conforme a Resolución novas substitucións dispoñible nos  modelos do correspondente apartado adicado ás substitucións entre titulares. No caso de que se solicite varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta de corresponderlle máis dunha das prazas, será a que recollida na solicitude.

 

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras