Xa no mes de novembro do ano pasado STAJ presentou solicitude ante a Maxistrada Decana para que se abrisen e se deixasen libres ao paso dos funcionarios/as, dos profesionais e dos cidadáns os pasillos das 3 primeiras plantas do edificio vello da Parda, que foron pechados con portas, tanto a entrada como a saída, e onde se colocaron carteis de prohibido o paso. No mes de xaneiro a Decana contesta por escrito que se terá en consideración a solicitude, una vez finalizadas as obras e, suponemos, que a mudanza dos distintos xulgados que se iban a cambiar de ubicación nas plantas referidas, obras e traslados que remataron xa fai uns meses, mantendose ao día de hoxe as portas e os carteis prohibindo o paso. Ver solicitude de STAJ e contestación da Decana
Xa daquela non entendíamos como se podía pechar o acceso directo aos xulgados de Instrucción e ao de Vixiancia Penitenciaria, obrigando a circular aos usuarios, profesiomais e funcionarios/as por un solo dos pasillos, cando o lóxico, en calquera tempo, pero mais en tempos de pandemia sería utizar, como se viña facendo ata entón, un pasillo para entrar e outro para saír, ademias a súa función non e solo de acceso e saída, tamen e un a vía de avacuación en caso de emerxencia e non pode estar prohibido o paso a ninguén.
Tampouco entendemos como se prohíbe o acceso e a deambulación por ese espazo a funcionarios/as que realizan as súas función no edificio xudicial, creando una especie de espazo restrinxido, solo utilizable polos Lajs dos xulgados ali ubicados, nin vemos a necesidade de limitar ese pasillo por motivos de seguridade, xa que os despachos do Lajs teñen porta propia e o paso polo pasillo non molesta nin perturba a súas funcións e por suposto non mengua a súa seguridade persoal, a proba está en que ata entón os seus despachos se atopoaban en zonas de pasillos utilizados por todo o mundo e nunca pasou nin lles pasou nada.
Esta medida afonda aínda máis se cabe,
na inadmisible separación entre funcionarios por mor da súa
categoría, funcionarios todos que traballan no mesmo órgano xudicial, e permite o intolerable aillamento e
distanzamento, como en tempos pasados, dos xefes respecto aos seus
subordinados.
Onte tivo lugar a avaliación de riscos realizada polos técnicos do Servizo de Prevención, e coinciden co exposto por este sindicato, tanto neste como no escrito anterior, polo que van a reflexar no seu informe a necesidade de que eses pasillos estean libres para o paso e a deambulación, cousa que se cumpra, si fose necesario, por denuncia ante a inspección de traballo.
En base ao exposto reiteramos a necesidad de quitar as portas e os carteis e deixar libre e expedito o acceso e a deambulación polos espazos referenciados, tanto para profesionais como usuarios e sobre todo para funcionarios/as.