O sindicado STAJ reclama a creación dunha praza de tramitación para o Xulgado
de Ortigueira ou no seu defecto o nombramento urxente dun tramitador como reforzo por parte da Dirección Xeral de Xustiza.
Staj reclama que pola Dirección Xeral de Xustiza se cree unha praza de tramitación procesal ou no seu defecto se nombre con carácter urxente como reforzo, un tramitador, dado que comparativamente con outros Xulgados similares, este presenta unha plantilla claramente deficitaria e escasa de polo menos un funcionario, tendo en conta as funcións de Rexistro Civil, Decanato e a enorme pendencia de asuntos que ten.
Todo iso ante a inactividade da administración despois de reiteradas
peticións pola Letrada da Administración de Xustiza deste Xulgado sin resposta algunha por parte
da Dirección Xeral de Xustiza.