jueves, 10 de junio de 2021

STAJ reitera a solicitude de implantación dunha centralita para a xestión da cita previa

En data 12 de febrero de 2021 presentamos escrito ante esa Dirección Xeral de Xustiza no que solicitábamos que se iniciaran as xestións necesarias para instaurar un sistema de cita previa mediante chamada telefónica a través dun número centralizado e común para todos os servizos xudiciais que naquel momento tiñan instaurado o sistema de cita previa en Galicia. Sistema que solicitábamos fose xestionado pola Administración autonómica e que conviva e complemente ao xa existente de solicitude de cita a través da web www.xustiza.gal.


Devandita petición fundamentábase no problema que se detectou á hora de obter a cita previa polo cidadan mediante a páxina web www.xustiza.gal. Alertábamos sobre todo da dificultade para un sector poboacional que xeraba multitude de chamadas telefónicas ao Rexistro Civil correspondente co único fin de solicitar a cita previa, xa que doutro xeito non o conseguían. Alertábamos que as chamadas estaban resultando tan numerosas que imposibilitaba en ocasións aos traballadores para poder atender de forma continua ao cidadán que se está atendendo presencialmente, co deteriodo do servizo e a queixa comprensible do administrado, ou noutras ocasións provocaba que algún funcionario tivera que deixar, durante parte da mañá, de realizar outras funcións ao ser de forma exclusiva encargado de coller o teléfono para atender as chamadas, isto supoñía a perda dun funcionario no Rexistro Civil do que se tratese que en ocasión é o único.

A situación sigue agravándose polo que no día de onte presentamos novamente escrito reiterandolle a DXX todo o manifestado e exposto logo de que pasados mais de dous meses non temos coñecemento de que se iniciasen ningún tipo de actuación para implementar o sistema que solicitamos que non é outro que unha centralita telefónica única para toda Galicia que se dedique a dar as citas previas aos cidadans que queran acudir aos Rexistros Civis ou Oficinas de Atención á Victima.


VER ESCRITO DE REITERACIÓN PRESENTADO NO DÍA DE HOXE

XUSTIFICANTE DE PRESENTACIÓN

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras