Este sistema estaría xestionado pola Administración
Autonómica para prestar servizo aos Rexistros Civís de toda Galicia e ao
Servizos de Atención ao Cidadán e a Vítima, e funcionaría conxuntamente co
actual www.xustiza.gal. O devandito
sistema non resulta novo pois xa está implantado noutras administracións (
Concellos, Administración Tributaria, Oficina de citas para obtención e
renovación do DNI, etc ), cun custo mínimo.
Desde STAJ congratulámonos ao comprobar que no TSX de
Galicia na súa última "ACTA
DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO EXECUTIVA DA CRISE SANITARIA POLO COVID-19", concretamente no seu
apartado 7, maniféstase polo presidente do TSX que pese ao avance na cita
previa rexistráronse disfuncións que hai que solventar.
Á vista do anterior, e tal como lle pedimos en varias
ocasións, o Director Xeral de Xustiza, a vista da proposta de STAJ, manifesta a
posibilidade de “crear unha central única para toda a comunidade onde
os cidadáns poidan chamar para pedir que se lles xestione a cita previa nos
rexistros civís e nas oficinas de atención á cidadanía”.
Ogallá sexa pronto e a nosa proposta se convirta en
realidade para unha mellor atención aos usuarios e cidadáns en xeral.