Se unha vez vacinado, primeira ou segunda dose,non recibes mediante mensaxe o código para descargar o certificado de vacinación da Xunta, debes entrar na web E-SAUDE e seguir os pasos seguintes para poder descargar por ti mesmo o certificado de vacinación:
- Entramos na paxina e-saude No lado esquerdo pinchamos
en Historia clínica
- A continuación clicamos
en Mi historia clínica Sergas
- Despois en Mi
certificado covid
- Temos que acceder co DNI
electrónico, chave365 ou certificado dixital
- Rexistrámonos en autorización
de suscripciones
- Introducimos o número
de teléfono e o correo electrónico e dámoslle a
enviar
- Envíannos un código ao
móvil ou ao correo electrónico que temos que introducir
- Pechamos esa páxina e xa
temos a nosa disposición o certificado covid-19 listo
para descargar.
De esta forma os mutualistas galegos poderemos
descargar o certificado de vacinación tanto da primeira como da segunda dose. Este certificado conta cun efecto limitado a Galicia, mentras que o pasaporte covid da Unión Europea ten efectos para viaxar a tódolos países da Unión, e en principio está previsto que funcione para o día 1 de xullo.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras