O representante sindical na provincia da Coruña do STAJ, exixe á Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia a inmediata actualización dos expedientes xudiciais arquivados nas dependencias dos Xulgados de Betanzos.
A
solución está na contratación por parte da Dirección Xeral de equipos de
expurgo especiais que se dedican á realización destes traballos. Tamén
deberíanse enviar a estes xulgados medios materiais para a colocación e
clasificación dos expedientes xudiciais.
É de subliñar a situación especial e particular que se está a dar no xulgado mixto núm. 4 desta localidade, tanto na sección civil coma na penal. Este xulgado non dispón dunha dependencia física e exclusiva para o arquivo dos seus expedientes xudiciais; éstos estanse a arquivar en armarios e andeis dentro das oficinas propias do xulgado.
Por outra banda, tras
múltiples peticións e solicitudes de STAJ á Dirección Xeral de Xustiza esixindo o
nomeamento dun funcionario de reforzo para o servicio do Decanato de Betanzos,
temos coñecemento de que este problema acaba de ser comunicado á DXX por parte
das autoridades competentes.