Ante pasividade da Dirección Xeral de Xustiza a hora
de fixar pautas comúns nos procesos de selección
de persoal a través do SPEG, que redunde nunha maior igualdad sen
discriminacións, e que o mesmo tempo sexan
utilizados polas catro delegacións provinciais,
STAJ solicitou que se tratase na correspondente Comisión de Interinos a
negociación e fixación de criterios para que se utilizen en cada un dos procesos de selección das catro
delegacións de xustiza baseados na legalidade e nos principios de acceso a
función pública. Hoxe despois da Mesa Sectorial, teremos unha reunión para tratar o tema
e que á Dirección Xeral de Xustiza remate con esa falta de homoxeneidade e non
haxa máis disparidade no número de persoas preseleccionadas, na valoración de
méritos, e en xeral nos procesos de selección.
Ante ausencia, case total, de transparencia e publicación
de normativa interna aplicable o trámite que se realiza no SPEG para a
preselección dos aspirantes, STAJ, unha vez máis, presentou queixa ante a
Dirección Xeral de Formación e Colocación da Conselleria de Emprego da Xunta de
Galicia, exixíndolle métodos e criterios de preselección acordes cos principios
de igualadade, mérito, capacidade e legalidade e por suposto transparencia e
publicidade dos mesmos. Deixamos a resposta que no diron e que levaremos a reunión da Comisión
de Interinos de hoxe para que se modifique e se adapate a legalidade a instrución 16/2020
de data 10 de novembro de 2020 que, de xeito interno e ata agora descoñecido,
regula a forma de xestión, o procedemento de preselección e as
condiccións deben posuir os interesados para ser anotadoas como demandantes de emprego e poder traballar como xestores, tramitadres e auxilios xudiciais.