lunes, 24 de mayo de 2021

STAJ INFORMA: Mesa Sectorial sobre modificación da Orde de persoal interino.

Hoxe tivo lugar a Mesa Sectorial de Interinos para tratar a reforma da Orde reguladora e de seguido convocar unha nova bolsa que tivese en conta as reformas acadadas.

Unha vez máis a Direción Xeral non nos mandou con antelación nada por escrito e de sorpresa propuxo:

- Cambios na data da concesión da suspensión temporal, dende a solicitude, e tamén na reicorporación de novo as bolsas despois de pasar un tempo en suspensión temporal.

- Nova puntuación para os curso de galego, cursos de formación e para a experiencia.

- A eliminación dos dous requisitos sine qua non para acceder as bolsas, e decir, quitar o ter que aprobar un exame, polo menos, das oposicións e ter algunha experiencia traballando nos xulgados. Desta maneira podería acceder as bolsas calquera que teña a titulación académica que piden para as oposicións do corpo concreto, contabilizandose como méritos puntuables os exames aprobados e a experiencia nos xulgados.

Aínda que hai cousas coas que podemos estar dacordo, temos que saber polo miudo o que pretenden e como se vai plasmar os cambios que propoñen, e como afectaría todo ao resto da normativa, e polo tanto teñen que mandarmos por escrito as modificacións e con suficiente tempo para estudialo con calma e ver o encaixe do que plantean na normativa e na legalidade vixente.

Quedaron nuns días de achegarnos os cambios e convocarnos de novo a unha reunión para tratalos.

Rematada a Mesa Sectorial, deu comenzo a reunión da Comisión de Interinos, para tratar o tema  das seleccións de persoal a tráves do SPEG e o proceso de solicitudes de  cambios de bolsas, do que dea de sí estoutra reunión vos informaremos unha vez finalice.

 
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras