Rematada a reunión de Acción
Social coa DXX, comunícannos que a convocatoria deste ano 2021 publicarase
no DOG nun prazo aproximado de 15 días ou un mes, avisarannos cando teña
data exacta.
Staj manifestou un ano máis a necesidade de ampliar a contía para repartir, non deixándose soamente para axudas á dependencia, e volvendo recuperar as axudas de estudos, fillos, etc. que había fai anos, antes da crise do 2010.
Este ano, inclúense de novo como beneficiarios os funcionarios de carreira da Administración de xustiza que durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (30/07/2020) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria prestaran servizos nesta comunidade autónoma e se xubilaran durante o dito período.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguiente ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
As persoas solicitantes que estean en servizo activo ou de excedencia por coidado de fillos, deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX, no enderezo web opax.xunta.es.
Soamente os solicitantes que non se atopen en servizo activo terán
dúas opcións: ou ben poderán asinar e presentar a súa solicitude
electrónicamente, ou poderán realizar a presentación imprimindo o formulario
validado da solicitude, que deberá ser asinado e rexistrado, xunto coa
preceptiva documentación complementaria, en calquera dos lugares previstos no
artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo
común das administracións públicas.
Excepcionalmente, tamén poderase utilizar esta última vía cando resulte imposible a presentación telemática por razón técnicas e se acredite documentalmente a dita imposibilidade. A estes efectos, será necesario que abran unha incidencia ao Centro de Atención ao Usuario (CAU) e acheguen xustificante da mesma.
Como novidade este ano inclúese a posibilidade da corrección da solicitude, unha vez presentada a solicitude, se a persoa solicitante non está conforme cos datos presentados pode, se o desexa, rexistrar, validar e presentar unha nova solicitude dentro do prazo de presentación. Cando se valide unha nova solicitude, quedará anulada calquera outra solicitude que a persoa interesada presentara con anterioridade. Polo tanto, só se terá en conta a última solicitude validada.