lunes, 10 de mayo de 2021

Licitación de Mobiliario de subministro para os xulgados galegos, incluída a Cidade da Xustiza de Vigo.

Onte na páxina oficial da xunta de galicia xunta.gal publicábase, que A Xunta licitou o subministro de mobiliario de oficina para a Administración de xustiza de Galicia, supón unha inversión de 1 millón de euros co obxetivo de dotar de mobiliario como: mesas, armarios,  cadeiras para despachos e oficinas, estantes metálicos para arquivo ou carros de transporte de expedientes e caixas fortes, entre outros, que serán entregados ás sedes xudiciais en función das súas necesidades.

A licitación inclúe 58 sedes xudiciais galegas, entre eles, a futura Cidade da Xustiza de Vigo.

O contrato de licitación poderá ser consultado na plataforma contratosdegalicia.gal.

O contrato ten unha vixencia ata o 30 de decembro de 2021. As empresas disporán ata o 11 de xuño para presentalas súas ofertas.

  
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras