jueves, 15 de abril de 2021

Substitución entre titulares: adxudicación de prazas

Acaba de publicarse na intranet , a RESOLUCIÓN do Director Xeral de Xustiza do 15/04/2021, pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución, pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución.

Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico aos/ás adxudicatarios/as, e serán comunicados, á súa vez, aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.

-A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución. Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico (servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) nesa mesma data.

 A renuncia á substitución adxudicada pola presente Resolución, será penalizada coa imposibilidade de obter unha nova substitución durante o período dun ano.  


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras