jueves, 15 de abril de 2021

Mesa Sectorial para a reforma da orde de interinos.

Acaba de adiarse a reunión de hoxe, despois de que por maioría sindical se solicitase, visto a ausencia da Subdirectora de Persoal que levou en primeira persoa a negociación da reforma da orde ata agora e a falta de regulación e de unificación de criterios para a preselección no SPEG e posterior elección deste persoal nas distintas delegacións provinciais. STAJ neste sentido solicitou regular esa preselección e selección posterior na mesma orde de interinos que se está tratando de reformar.

Quedou o Director Xeral de convocarnos, si é posible, a semana que ven a unha Comisión Paritaria de Interinos previa e de inmediato a Mesa Sectorial de Interinos para tratar primeiro os criterios de selección de persoal do SPEG e despois a reforma da orde para unha posterior convocatoria de novas bolsas.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras