Lembrámosvos que todos
aqueles que realicen o examen do vindeiro sábado 17 de abril do Corpo de Auxilio
Xudicial, turno libre, terán dereito a libranza do venres día 16 para realizar
a viaxe, debendo solicitado a través do opax en exames finais e demais probas
definitivas de aptitude, e obter xustificante do tribunal para
despois aportalo no prazo dos 15 días seguintes.
A resolución do 8 de abril
de 2009, da Dirección Xeral de Xustiza, que regula o réxime e procedemento da
concesión de vacacións, permisos e licenzas do persoal funcionario ao servizo
da Administración de xustiza en Galicia establece no seu artigo 5º o permiso
para concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitude en
centros oficiais, "os/as funcionarios/as gozarán dun permiso de acordo co
seguinte réxime:
a) A duración será polos
días da súa realización, incluíndose os necesarios para realizar a viaxe cando
o exame e demais probas se realicen fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Sen prexuízo da
documentación que se poida exixir,
deberase xustificar a asistencia aos exames e ás demais probas dentro do prazo
dos quince días seguintes ao da súa realización.”