viernes, 5 de marzo de 2021

Vacina a funcionarios de Mugeju entre 50 e 55 anos

A Xunta de Galicia , anunciou este xoves que os cidadáns de entre 50 e 55 anos da comunidade comezarán a recibir a vacina contra a covid-19 a partir da próxima semana.

Este colectivo  recibirá a vacina de  AstraZeneca, da que Galicia recibirá 30.000 doses  adicional a finais desta semana.

O método para elixir as persoas que serán inmunizadas será o mesmo que o empregado ata o de agora, comezando a partir da letra  H tras un sorteo.

Postos en contacto coa Xefatura  territorial da Consellería de Sanidade dinnos  que Saúde Pública  informoulles “ que se está procedendo ás citacións correspondentes dos integrantes de  Mugeju,  Maface e  Isfas entre 50 e 55 anos”

A STAJ xa lles consta que están chamando a persoas maiores de 80 anos de Mugeju.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras