miércoles, 10 de marzo de 2021

COMISION DE SERVIZOS : adxudicacións definitivas para órganos de nova creación

No día de hoxe, por parte da Dirección Xeral de Xustiza faise pública a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza de 10 de marzo de 2021, pola que se resolve a convocatoria, en comisión de servizo, de postos de traballo nos órganos de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, efectuada por Resolución do 4 de febreiro de 2021.
   


As comisións de servizo adxudicadas comezarán o vindeiro día 31 de marzo de 2021, data na que está previsto que entren en funcionamento os novos órganos xudiciais da programación de 2020 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Todo o persoal funcionario seleccionado deberá incorporarse no órgano xudicial asignado o vindeiro día 31 de marzo de 2021.

Desde o día de inicio da comisión de servizos, as vacacións e permisos solicitados e pendentes de gozar deberanse solicitar novamente no órgano xudicial asignado en comisión de servizos.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras