miércoles, 17 de marzo de 2021

STAJ consegue a suspensión cautelar do cese nunha substitución por mor do concurso de traslados

Non imos permitir que se intente poñer en dúbida a nosa honestidade como organización sindical con informacións malintencionadas, que se repetiron dúas veces en poucos días, e que insinúan que están a suceder “cousas raras” no mantemento dunha afiliada nosa no posto de substitución na que foi cesada ilegalmente, como lle sucedeu a moitas outras persoas, pola  Dirección Xeral de Xustiza, solo por obter praza no concurso de traslado, en contra do establecido na normativa e  do criterio mantido durante anos pola propia Administración.

En defensa dos dereitos desta afiliada, STAJ presenta demanda contenciosa administrativa na que pediu como  medidas cautelares o mantemento desta compañeira no seu posto, mentras non se sustancie o correspondente xuizo, e no Auto de data 03-03-2021 dictado por un Xulgado Contencioso-Administrativo de Pontevedra, se accede á adopción da medida cautelar solicitada, consistente na suspensión do cesamento na substitución vertical da funcionaria demandante e, en consecuencia, a continuidade na prestación de servizos no posto que viña desempeñando como tramitadora substituta no Xulgado de Primeira Instancia nº 4 da cidade, en tanto non se resolve o recurso contencioso-administrativo plantexado polos servicios xurídicos de STAJ, suspensión do cesamento que tamén impide que se poida ofrecer de novo a substitución.

A medida cautelar é executable dende a data na que se dita a resolución e supón que mentres dure o procedemento xudicial a Dirección  Xeral de  Xustiza está obrigada a manter á funcionaria demandante na praza que desempeñaba en substitución vertical, con tódolos seus dereitos económicos e administrativos. Esta resolución representa un significativo avance na defensa dos intereses dos funcionarios de Xustiza e pon freo á interpretación sen sentido e, ao noso entender ilegal, que a Xunta fixo da Orde de substitucións ao considerar arbitrariamente como causa de cese nunha sustitución o feito de obter unha praza nun concurso de traslado.

COMO SE APRECIA, ONDE OUTROS VEN COUSAS RARAS, SOLO HAI UNS BOS SERVIZOS XURÍDICOS.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras