No DOG de hoxe publícase a Resolución
do 5 de Marzo de 2021 pola que se convocan as actividades de formación
continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao
servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos
instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal
da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS)
das tres universidades galegas.
A Escola Galega de
Administración Pública (EGAP), segue coas actividades formativas para o ano 2021 convocando un Plan formativo
en materia de igualdade e violencia de xénero para o ano 2021 continúa cunha
oferta formativa conxunta para que todos os colectivos poidan acceder á
formación con independencia da Administración a que pertenzan.
Requisitos dos/das
participantes: persoal ao servizo das administracións
territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público
da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza
de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades
galegas.
Solicitudes e prazos: Dez
días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. 9 ata
o 23 de Marzo.
Só poderán realizarse
mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde
as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata
as 23.55 horas da data de finalización.
Máximo de cursos :
tres.
Serán excluídas
automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de
solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a
realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.
MAIS INFORMACIÓN E RELACIÓN DE CURSOS (ANEXO II).- DOG