Despois de solicitar o cribado de funcionarios de xustiza en tódalas
provincias galegas, e trala decision do SERGAS de facelo na cidade de A Coruña,
o mércores 24 de febreiro puxémonos en contacto con eles co fin de saber si no
resto de localidades galegas se ían tamén a realizar.
Tras varias xestións e chamadas telefónicas, puxémonos en contacto coa persoa responsable de organizar e programar os cribados para a area sanitaria de Pontevedra- O Salnés, a cal nos manifesta que sí están dispostos a facer un cribado de colectivo de xustiza (tódalas persoas que traballan nos edificios xudicias) na cidade de Pontevedra, dándonos a posiblidade de que elixamos si se fan in situ no edificio con máis persoas ou no covid-auto. Ainda que todas as conversacións foron telefonicas, como proba do anterior deixamos correo electrónico que envía unha subdirección do Sergas a o noso delegado en Vigo Paulino Flores Paz, ocultamos datos persoais Correo remitido a STAJ polo SERGAS
A propia responsable coa que estivemos en contacto explícannos que necesitan a nosa colaboración porque algúns dos datos facilitados pola MUGEJU non están actualizados e ademáis para facer o cribado in situ necesitan o dato do posto de traballo actual de cada un, dato que Mugeju non lles manda, ou lle manda sen actualizar. Ademáis queren saber o número aproximado de persoas ao obxeto de coñecer si merece a pena ou non facelo in situ e determinar tamén, no seu caso, cantos equipos extractores de mostras se necesitarían para facer ese cribado dunha sola vez.
Dinnos que os datos que precisan son DNI-Apelidos e Nome- Teléfono- Data de Nacemento- Observacións, e que si antes do martes llos facilitamos, posiblemente o xoves ou venres da semana seguinte se pode facer o cribado en Pontevedra, incluindo as localidades mais próximas. Os datos recollidos debíamos enviarllos ao SERGAS nunha tabla Excel Táboa de volcado de datos do cribado enviada polo SERGAS a STAJ que nos remitiron no mesmo día as 13:26 horas nun correo electrónico no que nos facilitan tamén o nome e cargo que ostenta a persoa que organiza e xestiona os cribados na zona sanitaria de Vigo, que é o Xefe de Servizo de Medicina Preventiva.
Nos piden que lles procuremos un local que conte con mesas e cadeiras e, a poder ser con unha porta de entrada e outra de saída, por iso o venres solicitamos ao Decanato de Pontevedra a sala de vistas nº 13 do edificio novo, que non se usa e que cumpre co solicitado.Ver solicitude de sala ao Decanato para o Cribado
O Xoves a primeira hora da mañan contactamos coa persoa responsable para saber si ese mismo cribado se pode facer en Vigo, respondéndonos que sí, pero que non teñen xente disponible para poder facelo in situ e nos manifesta que se farìa no Alvaro Cunqueiro, e igualmente nos convida a colaborar na recollida de datos para enviarllos, pero por separado dos datos de Pontevedra, ao mesmo tempo que nos require rapidez na recollida, para ter todo listo unha vez rematen os cribados dos universitarios.
Sobre as 11:00 da mañan do propio xoves e toda a mañan do venres, como sabedes, procedimos a recollida dos datos requeridos polo SERGAS co gallo de entregarllos hoxe luns como nos pediran. A ficha que elaboramos recolle os datos que o SERGAS nos solicitou e a que lle engadimos unha autorización expresa para poder usalos polo SERGAS solamente no trámite necesario para o proceso de cribado.
Como vedes nada foi feito a mala fe nin coa idea de recoller os vosos datos e usalos en non sabemos que procesos oscuros e fins inconfesables como dixeron algúns, nin foi un capricho ou un acto de tolemia pasaxeira. Para o anterior non sería necesaria maniobra ningunha posto que tódolos sindicatos que nos presentamos as eleccións sindicais en xuño de 2019, temos eses datos no censo electoral, salvo o teléfono, pero este dato moitos de vós nolo proporcionástedes para recibir información por whatsapp. Por tanto, si quixeramos usalos indebidamente non tiñamos necesidade de facer semellante película.
O venres 26 a última hora da mañán recibimos chamada do SERGAS e nos din que, se ben os cribados continúan autorizados, van a renunciar a nosa colaboración, esa que eles mesmos nos pediran, xa que o criterio agora é non pedir nin aceptar a colaboración de ningún sindicato sexa cal sexa, nos piden disculpas achacando todo a unha confusión e non nos explica moito máis, salvo que a partires de agora o mellor e que algún outro organismo da Admón de Xustiza colabore con eles. Intentamos falar cos superiores desta persoa, pero xa era tarde a non puidemos.
Hoxe a mañan si conseguimos falar con outros responsables, que nos manifestan que a decisión e firme, e ademais nos din que lles consta que durante o xoves e o propio venres varios sindicatos chamaron a distintas dependencias do SERGAS a nivel autónómico e provincial pedindo explicacións e queixándose do feito de que outro sindicato estivese pedindo datos para os cribados, incluso un deles falou de poñer unha denuncia na Axencia de Protección de Datos, cousa que parece foi determinante na decisión do SERGAS, co gallo de non verse inmersos en polémicas con posibles repercusións mediaticas que neste momento da pandemia din non poder permitirse.
Nós non puxemos ningún impedimento a apartarnos da colaboración que o propio SERGAS nos pedira, e si interesamos que o proceso do cribado continuase, que non se revertira a decisión, fose quen fose a institución que colaborase con eles, indicándolle que nos parecia mais adecuado que, ao tratrase de cribados locais, fosen os Decanatos de ambas localidades, informando destas circunstancias a Decana de Pontevedra e ao Decano de Vigo, que manifestaron a súa disposición a falar e a colaborar, nun principio, co SERGAS.
O positivo, a que a día de hoxe e salvo sorpresas, o SERGAS segue mantendo a decisión de facer os cribados en ámbalas cidades, pero solo sí os Decanatos, ou outra insitución se involucra. Os datos que nós recollemos non llos pasamos ao SERGAS, e en breve se vos devolverán, e xa queda na máns doutros a posibilidade de outra recollida ou a utilización de datos proporcionados pola Xunta, e tampouco sabemos como e onde se vai a facer a posible extracción de mostras.
O que si temos claro e que os cribados, que oxala se realicen o máis rápido posible, van a sufrir un retraso, esperamos que non sexa grande.