martes, 16 de marzo de 2021

Aclaración sobre o Título universitario oficial de Diplomado en Relacións Laborais

Foron múltiples as consultas que nos trasladaron distintos opositores en relación a que a Diplomatura en relacións Laborais puntuóuselles unicamente con 2 puntos cando entendían que debía aplicárselles os 6 puntos que prevé a Orde JUS/903/2019, do 9 de agosto, pola que se convoca proceso selectivo, para ingreso polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza para quen está en posesión do título de Grao en Ciencias do Traballo, en Ciencias Xurídicas e das Administracións Públicas, en Ciencias Políticas e da Administración, en Relacións Laborais e Recursos Humanos, ou en Criminoloxía.

De acordo co Real Decreto 967/2014, do 21 de novembro, e de conformidade co Acordo de Consello de Ministros do 29 de xaneiro de 2016, publicado por Resolución do 11 de febreiro de 2016 da Dirección Xeral de Política Universitaria (BOE 22/02/2016), o título universitario oficial de Diplomado en Relacións Laborais correspóndelle o nivel 2 (Grao) do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (MECES) e o nivel 6 do Marco Europeo de Cualificacións (EQF).

De acordo co disposto no artigo 27 do RD 967/2014, do 21 de novembro (BOE núm. 283, de 22/11/2014).

Artigo 27. Expedición de certificados.

1. A posesión do nivel MECES correspondente por un titulado ou titulada quedará acreditada coa mera referencia da publicación no Boletín Oficial do Estado, presentada de forma conxunta co título de que se trate.

2. Con independencia do previsto no apartado 1 anterior, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte adoptará as medidas necesarias para que a través da súa Sede electrónica o interesado que así o desexe poida obter directamente un certificado de correspondencia a nivel MECES, expedido pola Subdirección Xeral de Títulos e Recoñecemento de Cualificacións.

3. O certificado quedará inscrito nunha sección especial do Rexistro Nacional de Titulados Universitarios Oficiais.

Nas seguintes ligazóns podedes consultar o RD 967/2014, do 21 de novembro e a Resolución do 11 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Política Universitaria, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 29 de xaneiro de 2016, polo que se determina o nivel de correspondencia ao nivel do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior do Título Universitario Oficial de Diplomado en Relacións Laborais.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras