Lamentamos que a Xunta de Galicia incida no seu
erro e descarte facer unha terceira
bolsa como lle pediu STAJ, ao
posicionarse, outra vez, a favor da convocatoria dunha bolsa nova,
posicionamento que extraemos do texto do borrador de modificación da Orde de interinos que o luns nos pasou.
Pero aínda que seguimos considerando que, a terceira bolsa era a mellor e máis xusta opción e a solución máis áxil, dende STAJ vémonos na obriga de achegar propostas e melloras ao texto remitido para que sexan debatidas na reunión de Mesa Sectorial correspondente, unha vez sexa convocada, e tentar paliar os efectos desta modificación na que se insiste dende a Administración.
A falta de concreta puntualización de cada proposta, que vos faremos chegar no momento previo á reunión da Mesa, deixamos as liñas xerais das nosas futuras achegas ao borrador de modificación da Orde de Interinos:
1.- Estamos dacordo que no borrador se suprima o parágrafo do art. 10 da orde da actual Orde, que dispón que aqueles que aprobasen tódolos exames da oposición ao corpo ao que se presenten entran directamente na bolsa.
Manter isto sería como botar da bolsa ao resto de persoas que
non teñan eses méritos, pois en convocatorias anteriores só aprobaban
tódolos exames e quedaban sen praza unhas
cantas ducias de persoas en todo o Estado e nesta última convocatoria a fase de
oposición aprobouse co 60% da nota, polo que hai milleiros de persoas nesa
situación.
2.- Apoiaremos que se permitan acceder a un corpo distinto do que xa se ten experiencia, contando coa titulación necesaria, valorándose esta experiencia en menor medida que para o acceso ao corpo no que se adquiriu, deixando aberta a posibilidade de poder estar en mais dunha bolsa, sen necesidade de optar solo por un corpo.
3.- Cremos acertado permitir o acceso cunha experiencia de 2 meses, e incluso menor, en calquera dos tres corpos xerais.
4.- Non consideramos necesario ampliar o número integrantes das bolsas actuais, consideramos que número de integrantes de cada unha das bolsas é suficiente, tanto na de traballo como na de reserva, sempre que se garantice que todos os integrantes estean dispoñibles para traballar e no seu caso se dispoña de persoas que cubran os postos que se vaian valeirando co tempo. Por iso o necesario é ter xente baremada, para que despois, no caso de que se necesite, tirar dos baremados e poder encher, no caso de falta de integrantes, á bolsa de reserva e coa da reserva a bolsa de traballo se fose necesario. Aumentar o número de integrantes desproporcionadamente, pode supoñer que a bolsa de traballo se mova pouco e a de reserva nada ou case nada.
5.- A experiencia débese puntuar máis por mes traballado, valorando positivamente o aumento da puntuación total.
6.- Proporemos outra forma de valorar os exames aprobados, tanto da última convocatoria como das anteriores, para compensar a suba da valoración da experiencia e equilibrar o peso de ambos, ao tratarse de méritos sine qua non.
7.- Defenderemos maior peso dos diferentes cursos de galego, xurídicos ou non.
8.- Cremos preciso dotar de maior puntuación a determinados méritos académicos.
9.- Deben valorarse os cursos de formación continua e informática sempre que teñan relación con administración de xustiza. Gastáronse centos de miles de euros en formar aos traballadores, titulares e interinos da administración de xustiza, e si esta formación específica agora non se valora estaríanse a tirar o lixo.
Preme aquí para ver o cadro comparativo entre a Orde de 2018 e o borrador da modificación do 2021