Tras a continuas solicitudes por parte do sindicato STAJ tanto a DXX coma o SERGAS, de que se procedera a realización de cribados para o colectivo de xustiza e a inclusión do mesmo nos cribados poblacionais, no día de hoxe a Xefatura Territorial de Sanidade da Provincia da Coruña vense de poñer en contacto con nos, para informarnos de que o longo desta semana vaise a proceder a realización dun cribado de PCRs para a localización de supostos asintomáticos de COVID para todo o colectivo de xustiza da cidade da Coruña.
Así, vaise chamar a tódolos funcionarios de xustiza, tanto de Mugeju como da Seguridade Social, que presten servizos na cidade da Coruña para a realización desta proba de carácter voluntario.
Despois da solicitude feita o pasado 19 de xaneiro, que vos deixamos no fondo, seguimos instando ao SERGAS para que nos cribados poboacionais se inclua os funcionarios de xustiza de MUGEJU, e que estos cribados colectivos se extendan o resto das grandes cidades de Galicia.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras