Tra-lo contacto mantido por STAJ coas Xefaturas Territoriais do SERGAS en distintas provincias pola ausencia de chamamentos para cribados poboacionais de persoas de MUGEJU con cobertura sanitaria privada, por unha banda infórmasenos que os cribados son poboacionais e non inflúe o concerto sanitario (Seguridade Social e Seguros Privados) e por outra banda tamén aseguran dende outra Xefatura Territorial que non se contaba con persoas pertencentes a seguros privados ao carecer de datos de contacto dos mesmos.
De feito, cónstanos que non hai ningún persoal de MUGEJU con concerto sanitario privado que fora chamado para ningún cribado poboacional, como sí fixeron coas persoas de MUGEJU cuxa cobertura sanitaria é a seguridade social.
O obxectivo do cribado é identificar unha enfermidade en persoas que poderían non estar a manifestar ningún síntoma.
Neste sentido, os cribados poboacionais só poderán ser executados pola administración sanitaria competente dentro de programas organizados. Ademais, a implantación do programa debe facerse nun período de tempo razoablemente curto, alcanzando a cobertura do total da poboación.
A pesar de todo o anterior en Galicia a situación é distinta en canto á realización de cribados poboacionais relacionados co Covid-19 .
Non se chamou a ningún integrante de MUGEJU que teña seguro privado á realización das devanditas probas.
Por todo iso, e ante a discriminación que está a producirse , SOLICITAMOS dende STAJ á Conselleria de Sanidade e ao SERGAS que se proceda a incluír nos criterios de selección dos devanditos cribados ás persoas de MUGEJU con cobertura sanitaria privada ou ben que se habiliten centros de cribado nos Hospitais privados de Galicia e se coordinen a todos os efectos relativos á pandemia entre eles.