Trala solicitude de emendas presentadas, por STAJ, ao proxecto de Lei de Presupostos Xerais do Estado co fin de que se produxera a inclusión na Lei das seguintes propostas:
- Autorización do incremento de
gasto, habilitando ao Goberno para que, poida iniciar a negociación do
incremento retributivo para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza no
ámbito non transferido.
- Negociación da carreira
profesional, coa autorización do correspondente incremento do gasto.
- Recoñecemento dos períodos de servizos prestados
pero non cotizados á Seguridade Social.
Finalmente, deu os seus resultados, trala aprobación polo Congreso e Senado, do texto definitivo e publicado xa no BOE onde se anuncia na:
- D.A. 157ª a petición do STAJ
relativa á negociación do incremento do complemento específico para o persoal ao servizo
da Administración de Xustiza, nos termos interesados por STAJ.
- D.A. 158ª o recoñecemento
dos períodos de servizos prestados pero non cotizados no seu día, que
afectan fundamentalmente ao persoal interino polos servizos prestados antes do
1990, algo que dende STAJ levamos anos reclamando e que
era un dos puntos pendentes de cumprimento recollidos no Acordo de decembro
de 2015, asinado por STAJ e outros sindicatos de ámbito
nacional co Ministerio de Xustiza.
Aínda queda moito por facer e negociar, pero por parte do Ministerio non terá a escusa de dicir que debido a Lei de Presupostos Xerais do Estado impídelle negociar incrementos retributivos para o persoal do seu ámbito de xestión.
Ver información publicada en STAJ Galicia (3/12/2020):
- Petición STAJ negociación incremento complemento específico