Onte tivo lugar a reunión da Comisión de Interinos, co gallo de tratar de
darle solución a problemática da falta de persoal de determinadas bolsas de
interinos de Galicia. O luns a Xunta pasounos un borrador de modificación da
Orde de Interinos, coa idea da posterior convocatoria inmediata dunha bolsa
nova, e a consecuente derogación da actual que apenas leva 6 meses en vigor.
A proposta de reforma da Orde que fixo a Xunta, entre outras cousas, pretende o seguinte:
-
Ampliar, sen fixar porcentaxe nin cantidade concreta, o
número de integrantes de cada bolsa, en base as necesidades e circunstancias
sobrevidas.
-
Rebaixa dos requisitos mínimos para entrar
nas bolsas, e posibilidade de acceder a
un corpo distinto do que aprovaches un ou varios exames ou do que tes
expereriencia.
-
Eliminación dos meritos por cursos de formación continua e informática.
-
Ampliar o numero de convocatorias de
oposicións, ata agoa eran as dúas ultimas, para a valoración de exames
apobados.
Esta proposta, con algún matices expostos na propia reunión, contou co apoio dos sindicatos SPJ-USO, Alternativas na Xustiza-CUT e UGT, apoio que manifestaron nas dúas roldas de intervención que se fixeron.
STAJ manifestou o seu rechazo frontal e absoluto a proposta da Xunta e voltamos a defendela nosa proposta que consideramos soluciona rápido o problema, sendo ademais eficaz, legal e xusta, pois non pisotea dereitos e expectativas dos membros actuais das bolsas, garantindo a vez o traballo dos integrantes desas bolsa alternativas, ademáis de aseguran certa experiencia as persoas que se integren nelas e que despois deben traballar nos xulgados.
Como xa vos explicamos a proposta que defende STAJ consiste na creación dunha TERCEIRA BOLSA, BOLSA SECUNDARIA OU BOLSA COMPLEMENTARIA, na que se incluirían aqueles que conten con algunha experiencia, poden ser de poucos días incluso, e tamen se incluirían outros que haxan aprobados exames. Bolsa en paralelo das actuais, xa que os meritos que serán tidos en conta para acceder son distintos e adquiridos en momentos distintos aos membros das bolsas actuais de tráballo e reserva, e polo tanto non poden ter acceso a esas bolsas en ningún momento, pois vulnerariase o principio de igualdade.
Na proposta de STAJ esta TERCEIRA BOLSA seria cerrada cun número concreto de integrantes, ordenados por puntuación o que permitiría que una vez cesados poidan voltar a ser chamados, aproveitandose así a experiencia gañada nos chamamentos anteriores, ademáis de acabar co traballoso e nada claro selección de persoal do SPEG.
A CIG rexeitou tamén a proposta da Xunta e propuxo algo parecido o que STAJ defende e que eles chaman listaxe de suplencia, e CCOO que nun principio dubidaba entre unha e outra, na súa última intervención pareceu inclinarse, ainda que non de xeito rotundo, pola bolsa complememtaria ou terceira bolsa.
A pretensión da Xunta apoiada polos sindicatos nombrados, ademais de non rematar co problemas de selección polo SPEG no curto tempo, sabemos que as bolsas tardan moito máis dun ano en entrar en vigor dende a súa apertura, e durante ese tempo teríase que seguir chamando persoal das oficinas de emprego, tamén perxudicarían aos actuais membros da bolsas que se verían mermado o seu dereito na expectativa de estar polo menos 2 anos nas bolsas con dereito a chamamentos cando lle tocase, moita xente ainda non tivo o seu primeiro chamamento polas bolsas novas e sería motivo de recurso un cambio de bolsa nestas circunstancias.
Outros integrantes salirían fora das futuras bolsas ao existir nesta ultima convocatoria de oposicións milleiros de persoas aprobados, lembrade que se aprobada cun 60% da nota máxima, moitas delas con tódolos exercicios aprobados, o que lle daría dereito a entrar nas bolsas directamente, expulsando a todos os demáis no caso de abrirse un bolsa nova, tal como di a Orde en vigor.
Tampouco STAJ pode pasar porque non se contabilicen como méritos baremables os cursos de formación continua, deseñados pola DXX e realizados pola EGAP de xeito especifico para a Admón de Xustiza, que agora queren tirar pola borda sen máis, igual que os cursos de informática, parecenos todo un despropósito.
Ante tales evidencias a propia Xunta decidiu darle unha nova volta a súa proposta e reunirnos a semana próxima coa posibilidade nova proposta sobre a mesa, esperamos que sexan razoables e se inclinen por a via que defendemos, xa despois con tempo podemos mellorar a Orde e ao cabo dos dous anos da actual abrir unha bolsa nova que conteña as melloras acadadas.